A continuación gustaríame facer un ranking das miñas entradas favoritas:
- 5- Nin Gótico nin Románico, en Galicia predomina o feismo. Nesta entrada podemos apreciar como o inxenio dos galegos se traduce nas nosas cidades e vilas e no noso paisaxe de maneira chamativa e crispante.
- 4- Viaxe no tempo á Galicia de 2050. Aquí podedes ver as portadas dos periódicos do ano 2050 da Voz de Galicia, que reflexan a sociedade do do futuro. Gustoume especialmente a realización das portadas.
- 3- A cultura castrexa. Esta foi a primeira entrada na que subín un video á que lle teño un gran cariño porque foi o inicio de todos os videos que subín ao canal. Nel podemos ver un reflexo da sociedade castrexa.
- 2- María Pita, a galega invencible. Esta foi a primeira entrada que subín en colaboración co meu amigo Carlos quen califica esta entrada como "Unha obra mestra". Gustoume moito a elaboración desta entrada.
- 1- Por ultimo, teño que mencionar á que na miña opinión é a mellor das miñas entradas, The Big Bang Theory, Galicia nun minuto.