O meu avó Santiago contoume que dous de seus irmáns participaran na guerra civil. O maior deles, Xosé, incorporárase en Ferrol, o 15 de agosto do 1936, aos 22 anos. Dalí fora para Asturias, onde combatira, ás ordes do xeneral Alonso, da 81 división. Unha vez tomada Asturias, dirixíranse a Zaragoza e alí, estivo ao servicio do capitán, facendo labores administrativas. Despois marcharan en dirección a Castellón. Precisamente, nesta cidade, un cañonazo penetrara na sede administrativa, onde él se atopaba, xunto a nove compañeiros máis, resultando todos mortos, agás él.
Mais tarde, cando se dirixían a Valencia, permaneceran no barco tres días, no medio dos bombardeos enemigos. Pasaran moito medo, porque ademais, complicárase o estado do mar e non podían desembarcar.
Posteriormente, trasladáranse a Calahorra, en Logroño.
Durante a batalla do Ebro, tivo noticias de seu irmán, que o reclamaran, aos 18 anos, para incorporarse á división 82, do xeneral Varela.
A este irmán, Crisanto, tocáballe suministrar víveres e municións á compañía, coa axuda dunha mula.
Na batalla ultimamente citada, cando acababa de cruzar o Ebro, onde moitos dos seus compañeiros atoparan a morte, un disparo fixo voar polos aires a munición e máis o animal de carga, resultando él ileso.
Despois de acabar a guerra, volveron sans e salvos, para alegría de seus pais e da familia.
Da posguerra, tanto meu avó, que contaba cando aquela acabou con 16 anos de idade, coma miña avoa, dez anos máis nova, recordan que foron anos de miseria e pobreza. De todos os xeitos, eles considerábanse privilexiados, porque ao vivir no mundo rural e adicarse á gandaría e á labranza, nunca pasaron fame nin necesidade.
Miña avoa relataba que seu pai era un home moi organizado e previsor e comprara moita mercancía ao principio da guerra, cando aínda se podía e non escaseaba, previndo o que se aveciñaba: azucre, aceite de oliva, café, gas para as lámpadas,..Logo xa se dependería das famosas "cartillas de raciocinio" e había produtos que eran moi caros e difíciles de conseguir.
Froito da necesidade e da pobreza era a moita xente que mendigaba polas casas. Algúns viñan de moi lonxe e outros de máis cerca, coma da cercana vila de Vilalba. Un día miña avoa contara 23 mendigos/as. Meus bisavós dábanlles patacas, pan, trigo, incluso compartían con eles/as comida e lles deixaban durmir na cociña, ao lado da lareira.
Eran tempos de escenas moi tristes, de mendicidade, de fame, de miseria...
domingo, 10 de enero de 2016
miércoles, 25 de noviembre de 2015
A moeda do barqueiro.
Levo coleccionando moedas dende que tiña sete anos. Na miña colección hai moedas de diferentes lugares e épocas, pero non é para nada equiparable á do protagonista deste relato.
Dise que unha
persoa segue viva sempre que a recorden. É imposible que nos acordemos de todos
os nosos antepasados e posiblemente algún día todos quedemos no olvido coma
eles. Sen embargo, hai unha persoa que coñece a todos aqueles que xa non están
con nós, que veu pasar diante dos seus ollos as caras de todos os nosos
antepasados, quenes tiveron que contratar os seus servizos, a cambio dunha
moeda, para facer un viaxe sen volta.
El é a persoa que
oíu as ultimas palabras ou o ultimo silencio dos nosos seres queridos, coñece
as testemuñas daqueles que nada teñen que perder por contar a verdade, xa que
están mortos. Este último é o caso do meu sexto avó Antonio Bocelo que un día
repentinamente veuse pechado nunha néboa. Andou quilómetros e quilómetros sen
un rumbo fixo intentando atopar algún elemento orientativo, algo que lle
servira para recoñecer o lugar onde estaba, pero nada. Mais tarde, chegou a un embarcadoiro e comezou
a darse conta do que pasaba. Xa se acabara todo, o traxecto da súa vida chegara
ao fin, nada podía facer el para cambiar esa situación, a única opción era
resignarse. No embarcadoiro había un home ben vestido murmurando palabras en
baixo, con cara de enfado, como se ainda non chegara a comprender o que estaba
a sucederlle. Entón, a tranquilidade das augas do embarcadoiro veuse alterada,
e de entre a espesa néboa apareceu unha barca con forma de drakkar con madeira
moi gastada pola humidade. O barqueiro, que se facía chamar Caronte, sacou da
súa túnica negra unha lista con dous nomes e empezou a pronuncialos para que
subiran á barca en orde. O home de vestimenta elegante ao ver que non iba ser o
primeiro en subir indignouse e tirou a súa moeda a auga a vez que subía na
barca sen nigún permiso, pero en canto puxo un pe na embarcación o barqueiro
agarrouno coas súas xélidas mans e tirouno a auga. Antonio polo contrario pagoulle
ao barqueiro cunha moeda gastada de catro maravedís, coa cara de Fernando VII e
cun ano inscrito (1833) e subiu a barca. O home saleu da auga asustado, pediulle
desculpas ao barqueiro e preguntoulle se podía subir. O barqueiro, sen dicir
nada, expendeulle a man para que lle dese a moeda. O home explicoulle que non
tiña mais moedas e o barqueiro non precisou escoitar mais para comezar a remar.
A medida que a barca se alonxaba do embarcadoiro o home empezou a poñerse
nervioso, a chorar e a berrar – Isto non pode estar pasando! Son o elixido por
deus! Son un rei! -.Foi cando Antonio se decatou, aquel home era o que aparecía
retratado na moeda que lle entregara a Caronte.
Aquí deixo un enlace á miña árbore xenealóxica.
Aquí deixo un enlace á miña árbore xenealóxica.
domingo, 22 de noviembre de 2015
Meus avós Lucia e Santiago
Gústalle moito
reunirse cos seus arredor da súa cociña de leña, que teñen na súa casa de
Goiriz (Vilalba). E pasa horas contándonos aventuras da súa infancia e da súa
mocidade. Recorda con moita nostalxia e cariño os seus antepasados, pero sobre
todo a seu pai José e a unha tía materna solteira, que vivía con eles e que se
chamaba María Antonia.
Seu pai era moi
traballador e moi cariñoso coas fillas. Ensinoulles a ler e preocupábase de
mandalas á escola durante o inverno, polo menos, porque cando había que facer
labores de labranza, miña avoa non podía ir á escola, xa que tiña que axudarlle
a seu pai. Ela era a única das cinco irmás que lle axudaba a seu pai. A filla máis
vella quedaba na casa gobernando. A segunda ía coser. A cuarta e a quinta, xa
que a miña avoa era a terceira da irmandade, eran sete e dez anos menores ca ela. Era un home forte e
emprendedor. Foi ás segas a Castela varias veces e facía o labor que lle tocaba
a él e parte da dun medio irmán que ía canda él. Daquela non había tractor nin
maquinaria. Él cargaba os carros de toxos e miña avoa con seis anos xa llos
gramaba. Dicía sempre que mentras vivira non quería desfacer o matrimonio, pero
se él morría despois da súa muller , que lle gustaría acabar os seus días coa
súa filla Lucía. Pois a casa dos patróns quedáralle á filla máis vella. E, de
feito, morreu de repente, posiblemente debido a un infarto do corazón, aos 68
anos, na casa da filla, un 28 de xaneiro do ano 1966, cando estaba xantando.
A tía dela, María Antonia,
era moi cariñosa e mimábaa moito. Conserva moitos recordos bonitos dela. E non
deixa de emocionarse cada vez que se lembra. Miña nai tamén me ten contado que
a recorda encamada, pois morreu cando miña nai tiña cinco anos, e cada vez que
ían a vela dicíalle que collera da súa mesiña de noite unhas moedas que tiña
gardadas para ela.
Pois, continuando
coa descripción da miña avoa, teño que dicir que ten unha memoria prodixiosa.
Aínda hoxe recorda moitísimas datas e datos que non son doados de recordar e
máis aos seus anos. Sempre lle gustaron moito os animais e a horta. Coñece
moitas plantas e os seus usos. Estou convencido de que sería unha magnífica
bióloga, se tivera oportunidade de facer unha carreira universitaria. Sempre
valorou moito a cultura nunha persoa. Ela sacrificouse sempre moito, coa axuda
do meu avó porque os fillos e as fillas (dúas e dous) puideran estudar e ir á
universidade. Ensinoulles a ler. Miña nai tenme contado que cando ela empezou a
escola tiña seis anos, era a Escola Unitaria de Goiriz, e non podías ir antes
de ter cumpridos os seis anos, e xa sabía ler. E coma ela seus irmáns.
Meu avó materno
Santiago era carpinteiro e era tamén moi traballador. Axudáballe a miña avoa
nos labores de labranza e miña avoa axudáballe a él a ferrar as rodas dos
carros e a preparar a madeira, sobre todo no inverno, cando non tiña tanto
traballo no campo. Tamén lles axudaba aos fillos con algunhas tarefas do
colexio. A miña nai ensinoulle a dividir por dúas cifras. Él lía sempre o
xornal e meu tío Xosé, que é tamén meu padriño, con catro anos, xa lía algúns titulares
do xornal.
Meu avó era o
secretario e axudante do seu mestre. Era moi bó estudante, pero seus pais non
lle deixaron ir á universidade, porque xa facía a carreira de enxeñeiro
agrónomo un irmán del e os dous non podían ir. Aprendeu a carpintexar con outro
irmán maior. Na casa dos meus avós aínda conservan os dormitorios, as mesas,
cadeiras, un banco de fermosa marquetería, portas, ventás, zócalos e o piso de
madeira que fixo él. Ten na actualidade 92 anos, que cumpriu o pasado 14 de
novembro e é moi bó conversador.
Aquí deixovos un enlace á miña árbore xenealóxica.
Aquí deixovos un enlace á miña árbore xenealóxica.
sábado, 21 de noviembre de 2015
As moedas na historia da miña familia.
Xa manifestei noutra entrada a miña paixón pola numismática, así que nesta decidín falar sobre a historia das moedas e relacionala coa miña historia familiar describindo como ían os meus antepasados á compra. Para esta tarefa tomei man da miña colección de moedas. As situacións que describo a continuación son ficticias e as datas, sobre todo dos antepasados mais lonxanos, pode que non se axusten coa realidade xa que son aproximacións feitas a partir de cálculos matemáticos e suposicións.
13 de febreiro de
1801
Mentres en España
se firma un tratado que catro anos despois terá unha importante repercusión na
nosa historia, en Vilalba (Lugo) o meu 6º avó Antonio Bocelo foi comprar o pan
cun par de maravedís.- Material: Cobre
1 de xaneiro de
1820
Novo ano, novo
réxime. Tras celebrar o Aninovo meu 5º avó vai comprar pan como todos os días,
cun par de maravedís no peto.
- Material: Cobre
- Ceca: Xubia
27 de setembro de
1868
O meu 4º avó
Antonio Seoane Bocelo vai comprar o pan e na man leva unhas moedas coa cara
dunha raíña que non volverá a reinar en España.- Material: Cobre
- Ceca: Xubia
12 de agosto de
1898
España perde unha
illa algo mais ao oeste das Canarias, pero a preocupación do meu tataravó Andrés
Cordal Díaz non é esa, senón que é ir comprar o pan, coas pesetas que leva, para
celebrar o nacemento do seu fillo.
- Material: Plata
- Ceca: Madrid
27 de abril de
1937
A Guerra Civil
está en pleno auxe, pero a xente segue coas súas vidas e o caso do meu bisavó José
Fraga Calaza non é diferente pois ese día, coma todos, foi comprar o pan cunhas
poucas pesetas que levaba na carteira.- Material: Níquel
- Ceca: Viena
2 de setembro de 1945
Miña avoa Lucía Fraga Crodal vai
comprar o pan coas pesetas que leva no moedeiro e mentres tanto, ao outro lado
do mundo, ponse fin ao maior conflito bélico da historia.
- Material: Aluminio
- Ceca: Madrid
11 de xullo de 1982
España é a anfitrioa
nunha final que non xogará. Ese día miña nai é a encargada de ir comprar o pan,
cunhas moedas cun motivo especial.- Material: Níquel
- Ceca: Madrid
21 de novembro de 2015
Todos están
impacentes por ver os dous interesantes partidos que nos ofrece esta xornada da
Liga BBVA. Chegados a este punto, pensaredes que vos direi que hoxe fun buscar
o pan. Pois non fun buscar o pan, foi meu pai e na moeda coa que pagou non
aparecía ningún rei, aparecía Mozart.
Aquí deixo un enlace á miña árbore xenealóxica.
- Material: Níquel e latón
- Ceca: Viena
Aquí deixo un enlace á miña árbore xenealóxica.
viernes, 6 de noviembre de 2015
Visita ao Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba
A pasada fin de semana fun a casa dos meus avós, en Goiriz, e de paso aproveitei para facer unha visita ao Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba.
Neste pequeno museo
hai unha magnífica colección de restos que abarcan dende o Neolítico ata a
época dos romanos, ordeados cronoloxicamente e clasificados en diferentes tipos.
Trátase dun museo que fai un percorrido de miles de anos a través do tempo.
Aquí non so apreciaredes
as ferramentas que utilizaban os nosos antepasados, xa que estas veñen
acompañadas por unha serie de carteis explicativos onde nos podemos informar
sobre como se construían, como se utilizaban, para que servían e o contexto no
que se empregaban acompañados de ilustracións que che axudaran a entendelo .
Ademais na entrada poderás coller un panfleto informativo en galego, castelán
ou inglés.
O museo está
formado por cinco bloques. O primeiro e o segundo tratan sobre o Neolítico e
mais o inicio da época castrexa. O terceiro e o cuarto están dedicados aos
castros. E por último, no quinto bloque atoparedes unha exposición de temática
romana.
A pesar de que
todo o museo conta cunha excelente exposición, o quinto bloque suscitou o meu
interese, polos anacos de cerámica, os restos arquitectónicos e especialmente, as moedas antigas, xa que son un apaixoado da numismática.
Recoméndovos esta
visita se queredes descubrir algo máis sobre o tema, porque axudaravos a
comprender moito mellor como era a vida, as tradicións e os costumes dos nosos antepasados.
Aquí podedes ver as imaxes do museo.
Aquí podedes ver as imaxes do museo.
domingo, 1 de noviembre de 2015
O castro de San Sadurniño
Nesta entrada vou falar sobre o castro de San Sadurniño, que fun visitar o pasado xoves día 29 de outubro cos meus amigos e redactores dos blogs Terra de Wolfram e Galiciamamos.
Este, atópase no alto do Monte Rapadoiro, preto da Rubiña. Preto deste había outros catro castros, ainda que o de San Sadurniño debía de ser o mais importante.
O seu emplazamento ofrecía aos seus habitantes unha excelente visibilidade, de forma que podían ver todo arredor da montaña. Ao seu carón suponse que había espazos dedicados á agricultura e á gandería.
Aquí poderás ver as imaxes do castro.
Este, atópase no alto do Monte Rapadoiro, preto da Rubiña. Preto deste había outros catro castros, ainda que o de San Sadurniño debía de ser o mais importante.
O seu emplazamento ofrecía aos seus habitantes unha excelente visibilidade, de forma que podían ver todo arredor da montaña. Ao seu carón suponse que había espazos dedicados á agricultura e á gandería.
Aquí poderás ver as imaxes do castro.
A cultura castrexa
Neste video que elaborei a partir de fragmentos do documental "El legado Celta" da Canle Historia poderedes apreciar como vivían os habitantes dos castros. Os seus costumes, tradicións, ritos ...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




